NORABOA PAULA E NEREA!

Hoxe acompañamos no Gaiás ás nosas alumnas Paula Prieto e Nerea Vilas, gañadoras do Concurso Escolar para o deseño do cartel conmemorativo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller 2019.







O concurso foi promovido pola Secretaria Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e as nosas alumnas acudiron a Santiago acompañadas pola Directora do Centro, as Titoras e os seus compañeiros.










O obxecto do Concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos Centros Educativos de Galicia, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos eidos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen, as causas ,a orixe da discriminación polo xénero, así como os camiños que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.







CARTEL DE PAULA PRIETO

CARTEL DE NEREA VILAS


No acto estiveron presentes a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, o Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López e o Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo














MOI BO TRABALLO!

Comentarios